Todos estamos implicados na tarefa desa barca que é a Igrexa, todos somos evanxelizadores e evanxelizados. Vós, homes e mulleres da mar, sementades o Evanxeo cando realizades os vosos labores, tantas veces pouco recoñecidos; cando traballades por un mundo socialmente e laboralmente máis xusto e seguro; cando transmitides a fe aos vosos fillos; cando a vivides nas vosas familias e nas comunidades parroquiais no día a día. A barca da Igrexa conta coa vosa axuda, co voso vogar sen descanso, coa vosa capacidade de descubrir novos horizontes máis aló, dando a todos a esperanza de chegar a bo porto. Así o dicía Bieito XVI: “Sede apóstolos fieis á misión de anunciar o Evanxeo, mostrade o rostro solícito da Igrexa que acolle e tamén está próxima a esta porción do pobo de Deus, e respondede sen titubear á xente de mar que vos espera a bordo para colmar a profunda nostalxia do alma e sentirse parte activa da comunidade”  . Si, todos somos e construímos a Igrexa, todos navegamos nela; tamén os que quizá sentides máis débil vosa fe ou a buscades no medio da escuridade. (D. Julian Barrio. Carta Pastoral na Festividade da Virxe do Carme  2013)

.

    Web oficial de San Juan de Ávila

    Sobre San Juan de Ávila