Só con pronunciar “Que din os rumorosos, na costa verdecente…” xa se faría imprescindible Ponteceso, concello que viu nacer a Eduardo Pondal, creador do poema «Os Pinos», que acabaría convertido no Himno de Galicia. O poeta foi o o derradeiro de sete irmáns, nunha familia enriquecida pola emigración americana. Estudaría gramática latina en Nemiña, cun parente clérigo: Cristóbal de Lago. Por desgraza, de literatura non se vive, normalmente. Así, a Punta de O Roncudo criará para o mundo enteiro ao rei do marisco: o percebe. O prezado monarca, críase amando o ronquido que produce a mar nese lugar, cando golpea con forza nos acantilados. A principios do século XX Corme viviu o seu esplendor: primeiro porto de España en exportación de madeira; 8 fábricas de conservas; cetárea de langostas; mercantes… O máis importante é que hoxe, fieis e sacerdotes do lugar (J.M. Varela e Fernando P.C.), únense en oración, pedindo dun xeito especial por todos os diocesáns. A súa comunión é forza para a Igrexa.

Algún signo de vida parroquial no tempo de coronavirus:
– Utilizando a plataforma web: http://parroquiascormeponteceso.com/, os párrocos manteñen a formación e a piedade dos fregueses, propoñendo distintas reflexións, imaxes, oracións ou recordos de momentos anteriores (por exemplo as vivencias da Virxe das Dores de outros anos ou a Semana Santa que se viña realizando).

– Comunicación frecuente cos distintos colaboradores parroquiais, especialmente atentos ás persoas soas, maiores ou necesitadas. O contacto mediante as redes de Instagram e Facebook queda aberta para calquera inquedanza ou preocupación dos fregueses.

– Situacións de acompañamento no duelo ás familias: ante a “violencia” que supón ter que enterrar a unha persoa coa frialdade á que obriga o confinamento cidadán, cóidase dun xeito humano, cercano e relixioso que as persoas estean o máis arroupadas posibles.

– Cáritas parroquial: en colaboración con Protección Civil do Concello e a Cruz Vermella, mantense a atención primaria das 16 familias amparadas pola institución da Igrexa. A problemática de moitas familias con escasos recursos empeora co confinamento, pois con el impídense os ingresos mínimos que poderían soster a estas persoas.
pastoralsantiago.es
Secciones:

    Web oficial de San Juan de Ávila

    Sobre San Juan de Ávila