
O Seminario Menor da Asunción ven de inaugurar a súa VIII Semana
Cultural. Trátase dunha iniciativa coa que queren dar visibilidade a
esta institución que leva máis de 60 anos traballando na nosa cidade. O
escritor Neira Cruz, autor de numerosos libros de
literatura infantil e xuvenil, foi o encargado de dar o pistoletazo de
saída tralas palabras do Sr. Reitor, Manuel Ferreiro. A conferencia
versou sobre a viaxe de Cosme III de Médicis a Compostela, dentro da
temática xeral Relatos que marca dita Semana.
Xa pola tarde, Manquiña presentou
a súa obra Relatos negros, coa que, dende a vertente humorística, fai un repaso polos misterios da crónica negra de tódolos tempos.
Durante a mañá deste martes, os alumnos do Seminario Menor visitarán a exposición da Cidade da Cultura: Galicia, un relato no mundo. Non será a única exposición que coñezan; eles mesmos prepararon no propio centro outras exposicións inauguradas onte: Agatha Christie, a raíña do crime; Centenario da Revista Nós, relato dunha época e O Camiño Kumano. Pero o prato forte para eles será sen dúbida o encontro con Fernando Vázquez,
adestrador do Deportivo e antigo alumno do centro. A sesión, a partires
das 16:00 horas, será aberta para todo o público en xeral.
Archicompostela