«Los sacerdotes deben ser anunciadores de la alegría pascual»
Queridos sacerdotes, como di san Paulo: “Eu fío en que o que encetou en vós un traballo bo, halle ir dando cabo de aquí ao día de Cristo Xesús. E é xusto que eu pense así. Porque vos levo no corazón; a vós, que participades todos na graza da miña misión” (Fil 1,6-7). En verdade levamos o noso ministerio sacerdotal en vasos de barro. A conciencia desta debilidade percibímola nas nosas pobres respostas e ábrenos á intimidade de Deus que nos dá a súa forza. Alegres e esperanzados perseveremos na amizade de Deus. Non nos desalentemos, pois como escribía Santa Tareixa do Neno Xesús, “o desalento é tamén unha forma de orgullo”, sigamos rezando e animando a rezar para que numerosos mozos acepten responder á chamada ao ministerio sacerdotal. Pensemos nas misas que estamos a celebrar, facendo cada vez realmente presente a Cristo sobre o altar. “Se se tivese fe, dicía o santo Cura de Ars, veríase a Deus escondido no sacerdote como unha luz detrás do cristal, como un viño mesturado con auga”. Harmonicemos a nosa convivencia presbiteral co fin de formar a comunidade sacerdotal para anunciar as proezas do que nos chamou das tebras á súa luz marabillosa (1Pt 2,9). Somos servidores do proxecto de Deus: “Como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós” (Xn 20,21)». (MONS. JULIÁN BARRIO, de la Homilía en la Misa Crismal, Catedral de Santiago, 27-3- 2018).
Boletín de la Delegación para el clero
del Arzobispado de Santiago de Compostela
-Abril 2018-
Descárgatelo en Pdf aquí
del Arzobispado de Santiago de Compostela
-Abril 2018-
Descárgatelo en Pdf aquí