
Como preparación para a celebración das Vodas de Ouro celebraremos unha Semana Vocacional con este programa:
No Catecismo do 11, 12 e 13 de decembro: catequese vocacional e información sobre o Seminario, a cargo dos formadores do Seminario Menor.
Luns 14, ás 20,30 horas: o Deán da Catedral D. Segundo Pérez falará do “Sacerdocio na Igrexa” (dentro do curso de Axentes de Pastoral)
Martes 15, ás 20:30 horas: proxección da película “Prefiero el Paraíso”, e coloquio sobre a mesma.
Mércores 16: presentación do Libro “50 anos dun Cura feliz”, que publiquei con motivo das Vodas de Ouro.
Xoves 17: 12:00 horas de Adoración ao Santísimo e de oración polas vocacións e santificación dos sacerdotes.
Venres 18:
Ás 18:15 horas: Misa para os nenos do catecismo.
As 20:00 horas: Misa de Vodas de Ouro. (despois da Misa hai chocolate con churros para todos)
pastoralsantiago.es