Luns 23 de febreiro: Botando a vista atrás

    11:30 Inauguración da III Semana Cultural de San Rosendo. e Rvdmo. Sr. D. Jesús Fernández González, Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela.
    Conferencia: O Seminario Menor e a súa proxección na vida social e cultural galega. D. Xosé Luis Barreiro Rivas. Profesor de Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela.
    Apertura das exposicións:
         A música no Seminario Menor (Fotográfica).
             Remexendo nas verbas (Fondos documentais da Biblioteca do Seminario).
    17:00 Conferencia: Discusión sobre a orixe e evolución do universo. D. Jorge Mira Pérez. Profesor de Electromagnetismo na Universidade de Santiago de Compostela.

Martes 24 de febreiro: Museos e teatro

    10:30 Representación teatral para nenos: Os miserables. Unha adaptación con altura. Grupo de teatro do Seminario Menor da Asunción.
    11:30 Unha volta polos museos da cidade: Do Pobo Galego, De Ciencias Naturais…
    18:30 Representación teatral solidaria: Os miserables. Unha adaptación con altura. Grupo de teatro do Seminario Menor da Asunción. Os alimentos recollidos e os beneficios irán destinados a Cáritas Diocesana.

Mércores 25 de febreiro: Preparados, listos…

    12:00 Charla coloquio con Dª. Ester Pedrosa Carrete e Dª. Raquel Suárez Pedrosa (Atletas): Dúas xeneracións fronte a fronte.
    13:40 Conferencia: O inglés como lingua franca da ciencia. D. Francisco Javier Fernández Polo. Profesor de Filoloxía inglesa e alamana da Universidade de Santiago de Compostela.
    16:30 Gymkana deportiva con xogos tradicionais.

Xoves 26 de febreiro: Quen canta ora dúas veces

    11:00 Concerto: O Jazz, o gran descoñecido. Ángeles Dorrio. Profesora de Canto Moderno e Coordinadora do Coro Sisters in the house.
    16:00 Mesa redonda: Facendo da música un estilo de vida. A experiencia do Seminario Menor. D. Carlos García Cortés (Profesor Emérito do Instituto Teolóxico Compostelano), D. Maximino Zumalave Caneda (Director asociado da Real Filharmonía de Galicia) e D. Manuel Gesto García (Coengo Organista Emérito da Catedral de Santiago de Compostela).
    20:00 I Vísperas Solemnes de San Rosendo.

Vernes 27 de febreiro: De Iria a Compostela: A Sé de San Rosendo

    11:30 Acto académico.
    Ofrenda floral ante o busto do Cardeal Quiroga.
    12:45 Santa Misa na honra de San Rosendo. Preside o Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela.

Sábado 28 de febreiro: Antigos Alumnos, parte da nosa historia

    12:00 Encontro de promocións e visita ás exposicións.
    13:30 Santa Misa recordando a tódolos alumnos do centro.
    14:30 Comida de confraternidade.

Actividades complementarias:

    Concurso fotográfico: O noso Seminario.
    Concurso de micro relatos.
    Exposición fotográfica: A Música no Seminario Menor.
    Exposición: Remexendo nas verbas (Fondos documentais da Biblioteca do Seminario).
    Museos de Ciencias Naturais, Das orixes e do Cardeal Quiroga Palacios.
Secciones:

    Web oficial de San Juan de Ávila

    Sobre San Juan de Ávila