
A sesión da mañá foi para escolares e a da tarde, aberta para cantos quixeran participar. A partires das 18:30,
e cun fin solidario, cada entrada consistirá nun quilo de alimentos que
despois serán entregados a institucións de caridade da nosa cidade.
A maiores, os alumnos do centro, terán distintas visitas culturais,
tanto á Catedral coma ao Museo de Ciencias Naturais da USC. Onte
achegáronse tamén ata a Cidade da Cultura para visitar Galicia, un
relato no mundo.
A xornada deste mércores completouse cun coloquio deportivo con Pablo Graña e Noel Domínguez, dous grandes do piragüismo.
Archicompostela