O cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel
Lorenzo Santos pronunciou hoxe o seu discurso de ingreso na Real
Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) como académico da sección de
arqueoloxía e museoloxía. O acto, que se celebrou esta tarde no
Paraninfo do Pazo de Fonseca, estivo presidido polo titular da RAGBA,
Manuel Quintana Martelo. Emocionado e agradecendo a presenza de
familiares e amigos, Daniel Lorenzo pronunciou o seu discurso de
ingreso, titulado “Soños e proxectos sobre o Museo Catedral”.
Fonte: Catedral de Santiago
pastoralsantiago.es