O vindeiro venres, día 23 de setembro, ás 20:30 horas terá lugar na Igrexa das Ánimas un concerto a cargo de Vox Stellae, no que se presentará música inédita do mestre de capela da Catedral de Tui, Matías García Benayas (+1737).

O concerto servirá para presentar o CD Salvete Flores, no que se rexistran algunhas das composicións do mestre Benayas e tamén o segundo volume da colección Música na Catedral de Tui, coas partituras editadas. Este proxecto de recuperación do patrimonio musical está impulsado polo Bispado de Tui-Vigo e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Nestas dúas ligazóns fálase deste proxecto:
 
Esta é unha actividade que comezou no ano 2013 con ocasión da celebración do Ano da Fe. Naquel entón presentouse un CD e un libro coas partituras dese mestre de capela, que incluían unha misa adicada ao apóstolo Santiago, inédita e que se conserva no arquivo da catedral de Tui, xunto con polifonía xacobea e unha colección de Magnificat. O disco levaba por título Defensor alme Hispaniae e grabouse por Pablo Barreiro, técnico da RAG, interpretado polo coro Vox Stellae, baixo a dirección de Lois Martínez e con Xaquín Barreira ao órgano.
Archicompostela
Secciones:

    Web oficial de San Juan de Ávila

    Sobre San Juan de Ávila