O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha
xuntanza con Fernando Barros, económo diocesano do Arcebispado de
Santiago, e con Manuel Ferreiro, vicesecretario da Delegación Diocesana
de Economía e reitor do Seminario Menor.
O encontro enmárcase dentro das xuntanzas institucionais que está a
manter o alcalde compostelán con diversas entidades da cidade logo da
súa elección como rexedor da capital galega.
Entre outros, tratáronse temas de interese social ou de cooperación cara á celebración do Ano Santo Xacobeo de 2021.
Archicompostela