“Si á Vida. Pola Vida, a Muller e a Maternidade”
"Esta Xornada é unha ocasión providencial para agradecer a dedicación de moitas persoas que, tanto en institucións eclesiales como civís, traballan incansablemente, apoiando e acompañando ás persoas en dificultades, e en particular ás nais xestantes. Ditosos os que traballan pola vida! Seguramente que “fixemos pouco para acompañar axeitadamente ás mulleres que se encontran en situacións moi duras, onde o aborto se lles presenta como unha rápida solución ás súas profundas angustias, particularmente cando a vida que crece nelas xurdiu como produto dunha violación ou nun contexto de extrema pobreza. Quen pode deixar de comprender esas situacións de tanto dor?”. A todos incumbe responder de xeito rápido e axeitadamente a estas situacións polo camiño da solidariedade e a vida, e non polo da morte dun ser inocente. A grandeza da humanidade consiste esencialmente en respectar, coidar, amar e servir á vida, a toda vida humana sexan cales foren as circunstancias, dende o instante da súa concepción ata a morte natural. O auténtico progreso é favorecer a vida". (D. Julian Barrio. Da Carta na Xornada pola vida 2014)
.