Despois da Xornada Mundial
da Mocidade celebrada no Monte do Gozo en agosto de 1989, todos os
veráns se veñen celebrando unhas xuntanzas de fraternidade en Carballo
para conmemorar este evento. Así, este martes 13 de agosto, tivo lugar o
encontro de amigos para celebrar a trixésima edición.
Ás 12 do mediodía chegaba ao adro da igrexa parroquial
San Xoán Bautista o cardeal arcebispo emérito de Madrid mons. Antonio
Rouco Varela, donde o esperaba o párroco e anfitrión destes encontros,
José García Gondar.
Nesta ocasión asistiron ademais do arcebispo de Santiago
de Compostela, mons. Julián Barrio Barrio, o bispo de Lugo, mons.
Alfonso Carrasco, e o bispo de Tui-Vigo, mons. Luis Quinteiro. Tamén
participaron o vicario xeral de Santiago Victor Maroño, o vicario de A
Coruña José Luis Veira Cores, o vicario xeral de Lugo Mario Vázquez
Carballo, o canciller Elisardo Temperán, o director do Arquivo Histórico
Diocesano Salvador Domato Búa, o reitor do Seminario Menor Manuel
Ferreiro, o delegado de Medios Manuel A. Blanco, así como Andrés García
Vilariño, Antonio Ferreirós, Ramón Antelo, Jesús Barrientos, Jesús
Antelo Quintáns, Ricardo Villaverde, Andrés Trinquete, José Antonio
Vázquez Cabarcos, Manuel Souto, Fabio Pallotta, José Sánchez Piso, José
Montes, etc.
Primeiramente, houbo un momento para a tertulia nos
locais do Centro Social San Xóan Bautista. Posteriormente, unha oración
ante o Santísimo dentro do templo, no que se pediu tamén por todos os
falecidos que outros anos asistían a estes encontros. Ao remate, a
comitiva desprazouse ao santuario de San Cristovo, un templo inaugurado
na súa primeira fase o día 6 de agosto de 1982 por Mons. Rouco Varela,
sendo entonces bispo administrador apostólico de Santiago. Aquí, García
Gondar explicou as distintas fases polas que pasou a construción deste
santuario.
Finalmente, tivo lugar a comida de confraternidade en Casa Sánchez, outra cita habitual.
pastoralsantiago.es