Os días 9 e 10 de febreiro, comenzo do tempo de Coresma, foron escollidos polo Papa Francisco para enviar desde Roma aos Misioneiros da Misericordia. Chegados de todas as partes do mundo, comezou a primeira xorrnada con dúas horas de Adoración Eucarística e a posibilidade de achegarse ao Sacramento da Reconciliación en tres igrexas de Roma abertas e dispostas para este fin, con sacerdotes que confesaban nos distintos idiomas: San Salvador en Lauro, Santa María en Vallicella e San Xoán Bautista dos Florentinos. Esta foi a forma elixida que xunto ca imposición da cinza no día de hoxe marcarán a saída do itinerario marcado para os Misioneiros da Misericordia.
Ás 3 da tarde preto de 800 sacerdotes peregrinamos desde o Castel Sant’Angelo ata a Basílica de San Pedro onde veneramos aos Santos Pío de Pietrelcina e Leopoldo Mandic, dous grandes confesores capuchinos, e atravesamos a Porta do Perdón para, finalmente, reunirnos na Sala Rexia do Palacio Apostólico, onde tivo lugar a Audiencia do Papa exclusivamente cos Misioneiros da Misericordia. Como anécdota fixo referencia o Papa Francisco como a el lle cambiou a vida a confesión do 21 de setembro de 1953, da que non recorda o que lle dixo o confesor pero sí a acollida ca que o recibeu: “que me dixo o sacerdote? Non me acordo. Só recordó que me sorriu e despois non sei que sucedeu. É recibir como pai”. Recollemos da audiencia as seguintes frases e exhortacións:
Chamados a “expresar a maternidade da Igrexa […]non podemos correr o risco de que un penitente non se percate da presencia materna da Igrexa que o acolle e o ama”.
“Responsabilidade que lles é confiada a vostedes porque se lles pide ser en primeira persoa testemuño da proximidade de Deus e do seu modo de amar”.
Como paso previo, o Papa lémbranos aos misionerios que somos ministros de Cristo, pero tamén “os primeiros necesitados en ser perdoados por El”; de xeito que esta experiencia propia de debilidade debe movernos a coidar a acollida a cada persoa que se achega ao sacramento da penitencia, recordándonos que “é Cristo quen acolle, é Cristo quen escoita, é Cristo quen perdoa, é Cristo quen dá a paz”.
“Saber observar o desexo de perdón presente no corazón do penitente”.
Sinala o Papa Francisco o importante papel do sacerdote na confesión e a importancia tamén dos xestos: “Ante nós hai unha persoa ‘desnuda’, coa súa debilidade e os seus límites, coa vergoña de ser pecador […] non esquezamos que ante nós non existe o pecado, senón o pecador arrepentido […] unha persoa que sinte o desexo de ser escoitada e perdoada”.
“Ser confesor según o corazón de Cristo equivale a cubrir ao pecador coa manta da misericordia, para que non se avergoñe máis e poida recuperar a alegría da súa dignidade de fillo”.
Ao entrar para a audiencia entregóusenos a cada sacerdote un sobre que contén a carta onde se nos concede a facultade de absolver, durante o Ano Xubilar, os pecados reservados á Santa Sé, facultade “limitada exclusivamente aos seguintes pecados:
Profanación das especies eucarísticas mediante sustración ou detención das mesmas para uso sacrílego;
violencia física contra o Romano Pontífice;
absolución do cómplice en pecado contra o Sexto Mandamento do Decálogo;
violación directa do sixilo sacramental por parte do confesor.”
Rematamos a xornada de onte cunha cena na Aula Pablo VI; e hoxe, na celebración da Eucaristía de Mércores de Cinza, seremos enviados polo Santo Pai para realizar a súa misión en todo o mundo.
Alfonso Mera
Párroco de Muros-Serres
e Misioneiro da Misericordia

Archicompostela