Escolas Católicas de Galicia e a Editorial Santillana convocan o IV Premio de Innovación e Experimentación Pastoral.
Este premio é unha oportunidade para que os vosos Departamentos de Pastoral poidan presentar un traballo sobre o labor que están a desempeñar nos vosos centros, ao tempo que o seu labor de Innovación e Experimentación pode servir de aliciente para os demais colexios, dado que Escolas Católicas divulgará os traballos.
Os organizadores agradecen que motivedes aos vosos departamentos a participar nesta iniciativa que pode ser alentadora para toda a Comunidade Educativa.
O prazo de presentación dos traballo remata o día 22 de xaneiro. Os premios faranse públicos e serán outorgados na Xornada de Pastoral Educativa, que terá lugar o día 13 de febreiro.
pastoralsantiago.es