28, 29 e 30 de XANEIRO
CENTRO DE PROXECTO HOME GALICIA
Rúa Cottolengo nº2, Santiago de Compostela
981 573 020 / 981 572 524
Aforo máximo: 120 PERSOAS
Inscrición por rigurosa orde de chegada
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 20 de xaneiro

Na década dos anos 80, cando o problema da drogadicción atacaba ferozmente a centos de familias galegas e a droga deixaba de ser unha anécdota para converterse, desgraciadamente, nun elemento de destrución persoal e de deshumanización, os Bispos galegos deciden impulsar un programa de rehabilitación e reinserción social para drogodependentes que xa funcionaba en Italia dende finais dos anos 60 e que en España iniciou a suá andadaina no ano 1984.

Así, o 13 de febrero de 1990 constitúese a Fundación Monte do Gozo, promotora de Proxecto Home Galicia, co obxecto (segundo consta nos seus fins fundacionais) de prestar atención integral aos mozos marxinados ou en estado de necesidade, de maneira particular aos toxicómanos.

MEMBROS FUNDADORES DA FUNDACIÓN MONTE DO GOZO
· Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela
· Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de Tui-Vigo
· Excmo. e Rvdmo. Sr. D. José Diéguez Reboredo, Bispo de Emérito de Tui-Vigo
· Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Leonardo Lemos Montanet, Bispo Émerito de Ourense
· Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Manuel Sanchez Monge, Bispo de Mondoñedo-Ferrol
· Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo
· Directores de Cáritas Diocesana das Dioceses Galegas

O longo destes anos, con gran xenerosidade e entrega, o Padronado da Fundación Monte do Gozo foi o impulsor desta esperanzadora realidade que é hoxe Proxecto Home Galicia.

    Web oficial de San Juan de Ávila

    Sobre San Juan de Ávila