“A alegría de anunciar o Evanxeo”
"Nos nosos Seminarios, que son unha fonte de alegría para a Igrexa diocesana, os seminaristas fórmanse coa conciencia de ter encontrado o “tesouro escondido” da súa vocación e con esta alegría, “venden todo o que teñen” e dedícanse a crecer no amor de Deus, sabendo onde queren chegar e non importándolles o que digan deles. Non lles impresionan as valoracións dos demais porque o tesouro que encontraron vale máis que todo o que deixaron. Séntense “elixidos, chamados, enviados”, características integrantes do don e misterio da vocación cristiá". (D. Julian Barrio. Da Carta Pastoral no Día do Seminario 2014)
.
